top of page

Fabricación de lámpadas con materiais de refugallo.

  • eduinnovamende23
  • 24 abr 2023
  • 1 min de lectura

Con este proxecto o alumnado de 4º de ESO do noso centro mergulláronse no proceso de deseño tal e como se leva a cabo no mundo da empresa. Para iso cada grupo de alumnos e alumnas traballaron cun cliente real, un ou unha docente do centro, co que programaron unha entrevista inicial na que coñecer os intereses funcionais e estéticos da lámpada que querían. Tras este primeiro contacto viñeron outros nos que perfilaron formas, medidas e materiais a empregar, a través dun proceso ben estruturado e dicumentado. Aqui tedes algunhas fotos destes procesos e dos resultados finais.


Tras o proceso de deseño veu o de fabricación:



E finalmente o resultado final foi o seguinte:



O alumnado autoavaliouse e coavaliouse e os clientes tiveron tamén ocasión de avaliar o seu traballo.


Todo proceso explicado máis polo miúdo tédelo no seguinte documento:



Este proxecto foi premiado cun primeiro posto nunha das gategorías do primeiro reto de Polos Creativos. Parabéns ao alumnado e á profe de Educación Plástica e Visual!!

 
 
 

Comentarios


bottom of page