Ecoprint
- eduinnovamende23
- 15 may 2024
- 1 Min. de lectura
Estamos a experimentar cunha técnica chamada Ecoprint que consiste en empregar os pigmentos naturais de follas e flores para estampar tecidos aplicando partes das plantas directamente sobre a tea. Deste xeito quedan as formas das follas e dos pétalos estampadas.
O procedemento que seguimos foi o seguinte:
recollemos as follas e as flores que atopamos na contorna do noso centro.
empregamos bolsas de algodón previamente imprengadas en vinagre cun día de antelación. O vinagre actúa neste proceso como mordente.
deseñamos sobre as bolsas a nosa composición coa vexetación recollida.
facemos rolos moi pretos coas bolsas de modo que as follas queden dentro comprimidas e atamos eses rolos cunha corda.
cocemos os rolos con vapor durante 40 minutos.
pasado ese tempo retirámolos e deixámolos repousar un día enteiro.
cando están secos, desenrolamos e, se todo saíu ben, deberiamos ter unhas bolsas chulísimas.
A nosa experiencia non saíu como esperabamos, pero seguirémolo intentando o curso que ven. Temos que conseguilo para a próxima!!!!

























Comentarios