Xa comezamos cun novo herbario
- eduinnovamende23
- 20 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Dende que iniciamos este novo curso o alumnado do centro xa saíu en tres ocasións a recoller mostras de follas á nosa contorna. Un centráronse en árbores de ribeira, outro día en felgos e herbáceas da beira do río Lonia e o terceiro, na flora do patio do cole.
Prensaron as mostras e cada semana cámbianlles os papeis de xornal para que eliminen toda la humidade.
Comezaron tamén coa identificación dos exemplares co seu nome científico, nome común en galego, castelán, inglés e en francés, e iniciaron a montaxe dalgúns en cartolinas.














Comentarios